Vantaxes e inconvenientes de case todo / Xosé Cermeño
por Cermeño, Xosé (1959- ) [autor/a]
.
Tipo: | Tipo de ítem | Localización actual | Sinatura topográfica | Dispoñibilidade | Data de vencemento | Código de barras | Datos do exemplar |
|---|---|---|---|---|---|---|
| Prestable | IES Indalecio Pérez Tizón Sala préstamo | G-821-N CER van | Dispoñible | PED078000020864 |
|
Este é un libro de prosas breves escrito para persoas escépticas e perplexas. E non só para elas. Son benvidos a estas páxinas amantes da lectura a quen lles guste ir peteirando un pouco de aquí e un pouco de acolá, deixándose levar e sorprender. Vantaxes e inconvenientes de case todo fala de libros, de cidades, de cociñas, de xentes ilustres, de persoas anónimas, de paisaxes e de barcos. Fala tamén do papel da escritura para apresar fragmentos da vida e observalos ao trasluz. Xosé Cermeño faino con humor e cun xeito moi persoal de sospeitar que case nada pasou como nolo contaron. O xénero das prosas breves tivo grandes cultivadores ao longo da historia, e está sempre disposto a renovarse, alimentado pola curiosidade e a intuición dos escritores máis inquietos. O máis pequeno pode ser literariamente moi grande e profundo. Ademais, como demostra este libro, tamén pode ser divertido.