Carson, Anne
A antropoloxía da auga Carson, Anne - Santiago de Compostela : Chan de pólvora , 2022 - 162 páx.
Poema, ensaio e diario de viaxe á vez que adopta a forma do pensamento que poida contelo. Valéndose das palabras en constante movemento, Anne Carson intenta reter as probas dun mundo coñecido que sabe xa fóra do seu alcance. Así, peregrina a paisaxe galega e a americana, os recunchos da familia e do espírito, a incomodidade do desexo ou a ansia de penitencia. E na caixa negra dese transitar queda rexistrado un mapa da súas relacións co xénero masculino, que se revela con máis elipses que liñas ou palabras que preferirían ser simplemente o impulso nervioso que convocan. É posible a iluminación mística sen que o fulgor da busca te acabe cegando? Pode un mal nadador moverse con fluidez nas augas da linguaxe? Cal é a densidade do incomunicable? Este libro fai preguntas como quen transfega un mar enteiro na cunca das mans e só pode asistir con abraio á sede insaciable que se manifesta na escrita de Carson, unha figura capital das letras contemporáneas.
1º-2º BAC
9788412590524
Carson, Anne
A antropoloxía da auga
82